Esta mañá presentábase o Obradoiro de emprego que se vai desenvolver nos vindeiros seis meses en que se beneficiarán da participación en Pontes de emprego dezaseis veciños e veciñas nosos.

Dende o Concello, que acadaba á fin a posta en marcha dun obradoiro que dende a Xunta se lle negara nos últimos anos malia ser solicitado mesmo en colaboura con outros concellos.

A responsable de emprego Ana Pena, daba hoxe a benvida ós doce alumnos, e aproveitaba para presentarlles ós catro compoñentes do cadro de persoal tanto docente como de labores administrativos. Convidábaos a aproveitar esta oportunidade de acadar unha formación que, unha vez remate esta escola taller, é un camiño laboral do máis atractivo e que lles abrirá nova expectativas de futuro.

Cinco anos despois de que á nosa vila se lle concedera o último obradoiro de emprego, daquela o Fontelimpa, agora contamos con outro que logo da presentación de hoxe comezará xa unhas clases que van principiar ás sete e media da mañá e estarán ata as tres e media da tarde.

Este será o horario de luns a venres e ata o mes de febreiro do vindeiro ano, de xeito que alumnos e profesores acudirán á aula do soto da Casa Dopeso, onde desenvolverán tanto as clases teóricas como os exercizos prácticos.

Os participantes nesta iniciativa formativa sairán formados en creación, deseño e manexo de páxinas web, mediante un total de 560 horas de contidos teóricos e prácticos que lles permitirán crear e publicar páxinas web con textos, imaxes e outros elementos, empregando linguaxes de marcas e editores axeitados, adaptados ás características de cada servidor.

Ademais de Ana Pena e o Concelleiro de persoal José Alén, o alcalde de As Pontes tamén quixo estar presente neste acto, e así Valentín González transmitía ó alumnado e profesorado a súa satisfación pola posta en marcha dun Pontes de emprego, que se suma ás variadas iniciativas municipais postas en marcha nos últimos meses, a través das cales máis dun cento de vicinos en situación de desemprego recibiron formación e máis dunha trintea contaron mesmo cun contrato de traballo durante este verán.