CINE no Auditorio M. Cine Alovi:
Venres 2 e sábado 3 ás 18:00h
UPSSS, dónde está NOÉ?
Sinopse: Acércase o Diluvio Universal e Noé está construíndo unha gran Arca para salvar a unha parella de cada especie animal pero dous Nestrians, pai e fillo, non son admitidos a entrar. A axuda involuntaria dos Grymps, nai e filla, permítelles colarse na Arca. Sen embargo, os nenos Finny e Leah acaban caéndose da nave e terán que aprender a sobrevivir e traballar en equipo para chegar á cima do monte, mentres seus pais intentarán desviar o curso da Arca para poder salvalos
Director: Toby Genkel, Sean McCormack
Duración: 86 min.
TP · 86min. · animación
Venres 2 ás 21:00h e sábado 3 ás 20:00h
LÍO EN BROADWAY
Sinopse: Arnold, ten unha vida perfecta. Felizmente casado, dous fermosos fillos e un magnífico traballo como director teatral en Broadway. Todo cambia cando contrata os servizos de Izzy, unha nova e prometedora actriz que alterna a súa discreta carreira artística con servizos nocturnos de compañía. O frechazo é tan profundo que Arnold decide axudala economicamente para que se centre no mundo da interpretación.
Director: Peter Bogdanovich
Elenco: Owen Wilson, Imogen Poot , Jennifer Aniston, Will Forte, Cybill Shepherd, Rhys Ifans e Kathryn Hahn
+7 · 93min. · comedia