RtvEume .- Coa entrada deste mes de outubro os locais hostaleiros da vila ultiman xa o arranque do certame gastronómico Saborea As Pontes, que chega fidel á cita de outubro para celebrar o seu sétimo aniversario.

E farao batindo records de inscrición, xa que 33 establecementos hostaleiros de As Pontes sumáronse a este concurso culinario, no que se someten a exame de público e xurado a orixinalidade dos participantes entre os fogóns.

A concellería de Turismo, Hostalería, Comercio e Emprego, xunto co Instituto Pontés de Promoción Económica a Asociación de Comerciantes e Empresarios de As Pontes e a Deputación da Coruña vólvense poñer á fronte deste certame culinario no que, entre o 16 e o 25 de outubro poderemos degustar unha variedade e cualidade nas tapas a concurso que seguramente volverán concitar o interese de moitos concidadáns e visitantes.

Dende a Asociación empresarial deidiron volcar o seu apoio nunha cita que entenden representa a un importante sector da economía local, coa tradición que neste localidade xa existe todo o ano das tapas, e que nestas datas serve para amosar esa calidade e variedade nestas degustacións gastronómicas. De feito para a vindeira edició será esta entidade a que asuma a organización, anque contarán coa colaboura do concello, que foi o impulsor.

Este ano non haberá xornada de inauguración pero sí de clausura e ésta xa ten data: o 29 de outubro. Será ás 6 da tarde, nas oficinas rehabilitadas do primeiro andar do mercado de abastos ata onde se deberán desprazar todos os participantes e onde se dará a coñecer o nome das tapas gañadoras e se fará entrega dos premios aos clientes.

E a grande novidade pasa polos horarios, que se restrinxirán á tarde e á noite por semana pero contemplarán o mediodía tamén durante as fins de semana. O prezo das tapas do Saborea As Pontes deste ano será de 1,5 euros e serán servidas de luns a venres entre as sete e media do serán e as once da noite e durante a fin de semana ademais de neste horario tamén de doce do mediodía a dúas e media da tarde.

E é que como cada ano poderemos escoller as mellores tapas, decidindo os premios que reciban os hostaleiros e optar tamén a agasllos en forma de vales para gastar no comercio e hostalaría da vila.