As Pontes 1 de Outubro do 2015 .- As entidades veciñais están a participar na elaboración dos orzamentos do POS 2016. Na reunión celebrada onte con Montserrat García Chavarría, concelleira de Atención, Participación Cidadá e Desenvolvemento Local acordouse que os representantes de cada entidad veciñal entregarán ó Concello unha solicitud con un listado de prioridades consensuado cos veciños de cada asociación.

Unha vez que o Concello dispoña de eses listados de prioridades das Entidades Veciñais elaborarase o Plan de Obras e Servizos (POS) de cara ó ano 2016.

O POS é un Plan financiado pola Diputación de A Coruña, e contará con un orzamento próximo ós 500.000 euros como ven sendo habitual.