As Pontes, 20 de marzo de 2023. A hostalaría pontesa vense de sumar á iniciativa” Hostelería #PorElClima”, un proxecto que promove a sustentabilidade e as accións para a loita contra o cambio climático dentro do sector hostaleiro a través da aplicación de diferentes accións que lles permitan aos establecementos adheridos se máis sostibles, reducir a pegada ambiental e contribuír, deste xeito, a frear o cambio climático.

Asi, son xa 21 os establecementos ponteses adheridos a esta iniciativa desenvolta por ECODES e Coca- Cola, coa colaboración de Hostalaría de España e, nas Pontes, coa colaboración do Concello e de Cohempo e identificáronse 325 accións que serán o punto de partida para promover a loita contra o cambio climático e que pasan polo aforro de auga, a eficiencia enerxética, a mobilidade sostible, a pegada de carbono, o consumo responsable e a correcta xestión dos refugallos.

Durante o acto de presentación desta iniciativa, levado a cabo na Casa Dopeso, e no que estiveron presentes Gema Dominguez, xestora de Sustentabilidade, Asuntos Públicos e Comunicación de Coca-Cola Europacific Partners Iberia; Montserrat Gastelu, Presidenta de COHEMPO e Pablo Barrenechea, Director de Acción Climática de ECODES (Fundación
Ecología e Desarrollo), Elena López, concelleira de Comercio e Hostalería resaltou a importancia estratéxica deste proxecto para o sector hostaleiro local “que por un lado, manifesta o seu compromiso público para contribuír á redución das emisión de gases de efecto invernadoiro e que por outra banda se coloca na posición de seguir avanzando para alcanzar unha maior sustentabilidade nos seus negocios, por medio das diferentes medidas e ferramentas que ofrece o proxecto de Hostelería #PorElClima”

HOSTELERÍA #PORELCLIMA

Hostelería #PorElClima naceu en 2017, tras o chamamento mundial do Acordo de París para adoptar medidas que contribuísen a frear a emerxencia climática. Constitúe unha plataforma virtual que axunta á comunidade de establecementos de hostalería que decidiron comprometerse coa sociedade, coa nosa contorna e cun futuro mellor.  A iniciativa forma parte da Comunidade #PorElClima e está desenvolvida por Ecodes, coa colaboración estratéxica e o impulso de Coca-Cola e o apoio de Hostalería de España.

O proxecto facilita, cun enfoque positivo centrado nas solucións, que as empresas de hostalería súmense á loita contra o cambio climático e fagan a transición cara a unha economía baixa en carbono contribuíndo a implementar con ambición os obxectivos do Acordo de París.

Desde que se puxo en marcha hai cinco anos, un total de 3.500 establecementos adheríronse á iniciativa, desenvolvendo máis de 52.000 accións polo clima.