As Pontes, 4 de novmebro de 2025. O Concello das Pontes informa de que xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a participación no Programa de Termalismo Social do IMSERSO para o ano 2026.
Os prazos para a presentación das mesmas son os seguintes:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 4 de decembro de 2025.
- Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2026.
Así mesmo haberá un prazo para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 14 de maio de 2026.
-
Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 31 de outubro de 2026.
A adxudicación das prazas efectuarase de acordo coa puntuación obtida polos expedientes, tendo en conta os balnearios e quendas solicitadas.
Requisitos para poder participar no programa de Termalismo:
-
Ser pensionista de xubilación o incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
-
Ser pensionistas polo concepto de viudedade, que teñan mais de 55 anos.
-
Ser pensionistas por outros conceptos ou perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego, que teñan cumpridos os 60 anos.
-
Ser persoa asegurada ou beneficiaria do Sistema da Seguridade Social, con sesenta e cinco ou mais anos de idade.
Outros requisitos para participar no programa son, valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria, necesitar os tratamentos termais solicitados e non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nun centro residencial, nin enfermidade infecto contaxiosa.
O solicitante pode ir acompañado polo seu cónxuxe, para o cal non se esixen os requisitos de pensión e idade.
Servizos que ofrece o programa:
-
Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
-
Tratamentos termais básicos, que inclúen a prescrición do tratamento polo médico do balneario.
-
Realización de actividades de animación.
-
Póliza colectiva de seguro turístico.
Para mais información e formalizar as inscricións; www.imserso.es, ou poden pasar polo Departamento de Servizos Sociais, previa cita, chamando ao 981 44 10 08, en horario de mañá.



























