As Pontes, 25 de setembro| O día 29 celebrarase un taller de robótica educativo para nenos enmarcado dentro da iniciativa Rapaciños.
“Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura” é unha iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). As actividades da xornadas de divulgación tecnolóxica, dirixidas a nenas e nenos de entre 8 e 14 anos de idade, serán a de iniciación a programación (orientada a robótica) e a electrónica (arduino, makey makey), co obxectivo de iniciar aos participantes en cada unha destas materias e enxertando neles a curiosidade para seguir profundizando nestas materias. Cunha duración de 2 horas, os pequenos participantes poderán facer e crear diversas actividades prácticas e realizar un proxecto sinxelo que ten comezo e final, de tal forma que vexan o resultado da súa programación.
Neste mesmo horario tamén se celebrará unha charla orientativa na que se darán unhas pautas para que os pais e nais accedan a información e recursos educativos de interese para a introducción segura dos cativos nas novas tecnoloxías.
Taller de robótica educativa para nen@s de 8-14 anos |
|
Horario |
16:30 a 18:30 (aproximadamente) |
Periodicidade |
Venres 29 |
O día 2 en horario de 10:00 a 12:30 empezará un curso de Creación de páxinas web. O obxectivo deste curso é aprender a configuración e administración dunha páxina web mediante un dos xestores de contidos máis utilizado na actualidade: WordPress,
Creación de páxinas web con WordPress |
|
Horario |
10:00 a 12:30 |
Periodicidade |
Luns a xoves |
Duración |
Do luns 2 de ó mércores 11 de outubro |
Contidos:
- Que é WordPress?
- Instalación e aloxamento de WordPress
- Configuración.
- Creación de contidos e seccións.
- Administración da páxina.
Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.