As Pontes, 22 de outubro de 2020.  A radio municipal, Radio Eume, estrea o luns, 26 de outubro, ás 11:00 horas, un novo programa.

“Vivimos As Pontes” capitaneado por Erica Caaverio e Miguel López nace, en palabras da concelleira responsable de medios locais, Lorena Tenreiro “cunha clara vocación de servizo público, para informar, formar e entreter á audiencia da radio pública pontesa e sobre todo, para coñecer máis a fondo o noso pobo e ás nosas xentes”

O programa, que se emitirá de luns a xoves, de 11:30 a 13:00 horas, organízase en seccións diarias a través das que os/as oíntes poderán coñecer todas as noticias das Pontes, os principais titulares do prensa, a axenda de eventos locais, a predición meteorolóxica. Tamén haberá espazo para as entrevistas de actualidade e para as recomendacións musicais.

Ademais, semanalmente, en colaboración coa concellería de Turismo, a audiencia poderá descubrir datos curiosos do municipio e, da man de Xose María López Ferro farase un percorrido polo patrimonio histórico local.

Na sección Mascoteiros a audiencia aprenderá a coidar ás súas mascotas e mellorar a súa calidade de vida e cada semana, as ondas de moito sabor,  cunha sección de cociña na que se ensinará a elaborar sinxelas receitas.

O sector comercial tamén ocupará un lugar destacado neste novo magacine. Nas seccións De tendas  e Cesta da compra, charlarase cos comerciantes e farase un repaso semanal aos produtos que se poden atopar no mercado municipal.

A música e a lectura tamén estarán moi presentes neste programa a través das seccións O Recuncho dous Libros na que recomendará un libro e se fará un repaso polas actividades organizadas desde a Biblioteca Rivera Rouco mentres que  Local de ensaio será o espazo de referencia para os grupos musicais das Pontes e charlarase con eles  para coñecer mellor o seu traballo.

Na sección O ambulatorio abordaranse cuestións relacionadas coa saúde e o benestar e asemade, en “Vivimos As Pontes” falarase de ciencia, de novas tecnoloxías, de arte o de cinema e haberá un espazo especial dedicado á nosa mulleres, a través  do que se  quere  recoñecer a contribución dun grupo de pontesas ó desenvolvemento local, á visibilización do colectivo feminino do municipio de As Pontes e á consecución dos dereitos das mulleres traballadoras.