As Pontes, 23 de novembro de 2020. O Concello das Pontes, ante a evolución da situación sanitaria e ante as últimas medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade, decide aprazar as actividades culturais programadas ata o 4 de novembro.
O concelleiro responsable da área, Vicente Roca, apunta que “debido a estas medidas, o aforo vese reducido a un máximo de 60 persoas por actividade, esto dificulta que todas as persoas interesadas en asistir ás mesmas poidan facelo e polo tanto preferimos adialas ata dispoñer dun maior aforo para dar cabida ao público habitual destas actividades”.
O concelleiro tamén sinalou que “a nosa intención é manter as propostas e xa lles estamos buscando, coa colaboración das compañías, o acomodo noutras datas. Por outra banda traballamos xa na búsqueda de alternativas para poder continuar coa programación cultural en caso de que se manteñan este tipo de medidas sanitarias”.
ACTIVIDADES APRAZADAS
VENRES, 23 DE OUTUBRO
TEATRO
Excéntricas. Medida x Medida de Shakespeare
21:00 h. Auditorio M. Cine Alovi
SÁBADO, 24 DE OUTUBRO
ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS
17:00 h. Raquel Queizás. A viaxe de Nano.
19:00 h. Fantasmas Familiares. Quico Cadaval.
Auditorio M. Cine Alovi
MÉRCORES 28 DE OUTUBRO
PRESENTACION LIBRO CONCHI PARDO
20:00 horas. Casa Dopeso
XOVES 29 DE OUTUBRO
XOVES NA BIBLIO
Carmen Domench. Contos para pasalo de medo
Sala Xeral da biblioteca. 18:00h
VENRES 30 DE OUTUBRO
TEATRO
BUTACA ZERO. Despois das ondas
21:00 h. Auditorio M. Cine Alovi
SÁBADO 31 OUTUBRO
DISCURSHOW
FACTORÍA PERIPECIENCIA “Código Sapiens”
12:00h. Casa Dr. Dopeso
SÁBADO 31 OUTUBRO
CONCERTO PRESENTACIÓN PRIMEIRO DISCO ASTRA
20:00 horas. Cine Alovi
DOMINGO 1DE NOVEMBRO
MÚSICA
Gallaecia All Stars
Auditorio M. Cine Alovi