As Pontes, 3 de xuño de 2020. O Conservatorio Profesional de Música das Pontes abre o prazo de inscrición para as probas de acceso ás diferentes especialidades musicais que imparte o centro.

As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes, desde o 3 ata o 12 de xuño, de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello, con cita previa chamando ao 667129389/ 667129380, ou de forma telemática a través da sede electrónica municipal.

Este ano, debido a situación sanitaria, as probas realizaranse de xeito telemático e o importe da taxa (100 euros/50 euros no caso das familias numerosas) deberá ser abonado previamente.

Máis información:

INSTRUCIÓNS MATRÍCULA PROBAS

INSTRUCIÓNS PROBAS