As Pontes, 15 de febreiro| Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018. (BS410A). (DOG nº 22 do 31/01/2018)
Obxecto:
Establecer as bases e convocatoria para a concesión da prestación familiar por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018.
Persoas con fillos ou fillas menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2018 (nacidos ou nacidas entre 02/01/2015 e o 01/01/2018, inclusive).
Requisitos:
- Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.
- Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
- Que durante o ano 2016, nin as persoas solicitantes nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.
- Que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Contía da axuda:
- Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
- Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
- Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
Lugar de presentación e información: Servizos Sociais (Casa Dr. Dopeso)
- Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social
- Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
- En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Dende o 1 de febreiro ata o 21 de marzo de 2018, ámbolos dous incluídos.
Máis información en Servizos Sociais (2º andar da Casa Dr. Dopeso).