As Pontes, 16 de febreiro| O día 22 de febreiro comezaremos 2 novas actividades na aula CeMIT da casa Dopeso.
Por unha banda, Iniciación ás follas de cálculo dará una introdución a este tipo de ferramentas.
Para iso utilizaremos o software libre LibreOffice Calc.
Iniciación ás follas de cálculo
- Datas Do 22 de febreiro ó 1 de marzo
- Periodicidade Luns a venres
- Horario De 11:30 a 13:30
-
Contidos:
-
Que é unha folla de cálculo?
-
Introdución ao medio de traballo (LibreOffice Calc)
-
Introdución e modificación de datos
-
Formato de celas, filas e columnas (cor, tipo de datos, bordos, dimensións etc.)
-
Filtros e ordenación dos datos
-
Traballo con fórmulas
-
Xestionar as follas de cálculo dun libro
-
Formatos condicionais
-
Creación de gráficos
-
Configuración para a impresión dos datos
-
Por outra banda, Internet para maiores, centrarase no aproveitamento dos recursos de Internet para persoas maiores: páxinas útiles, buscas na internet, etc.
Internet para mairoes
- Datas Do 22 de febreiro ó 1 de marzo
- Periodicidade Luns, martes e xoves
- Horario De 16:00 a 18:00
-
Contidos:
-
Introdución ao funcionamento dos buscadores
-
Recursos en buscadores: web, imaxes, vídeo, libros…
-
Blogs e foros
-
Marcadores e historial
-
O grupo mínimo para a realización de estes cursos é de tres persoas. Coma todos os cursos impartidos na aula, son totalmente gratuítos.
Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.