[one_full last=”yes” spacing=”yes” center_content=”no” hide_on_mobile=”no” background_color=”” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”” animation_speed=”0.1″ class=”” id=””][fusion_text]

As Pontes rende homenaxe ao sector dos contratistas no pregón de apertura das súas festas patronais

O Alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, apuntou o importante papel dos pioneiros da construcción como base principal do progreso das Pontes e do que hoxe é este concello. 

VER FOTOS

As Pontes, 17 de Xullo de 2015.- 

As Pontes rendeu hoxe merecida homenaxe ao sector local da construcción mediante o pregón, un dos actos máis emblemáticos e solemnes das festas en honra á patroa: a Virxe do Carme.

Así, membros da Corporación Municipal, a Comisión de Festas, veciños, familiares e amigos déronse cita a carón da Casa do Concello para acudir a este recoñemento público de case unha ducia de constructores ponteses, algúns deles xa non entre nós e outros xa desfrutando dunha merecida xubilación.

Mantendo a liña de anos anteriores de homenaxear a distintos colectivos do municipio, como aconteceu cos sectores do comercio, medicina ou ensinanza, para este 2015 optouse por recoñecer o importante papel destes profesionais á hora de deseñar, ao longo do tempo, a fisionomía do concello pontés atendendo á súa evolución e á necesidade de dotar o municipio de infraestructuras e vivendas do máis necesarias para albergar á poboación que, ano tras ano, se foi asentando nas Pontes ao abeiro da súa evolución industrial.

José Fernández Seco “Pepe de Ferrerías”, José María Alonso “Maciñeira”; Jesús Ferreiro Roca, Antonio Martínez Canosa, José Durán Prieto, Alejandro Paz, José Vázquez “Camposa”, Raimundo Vigo, José María Expósito Ferreiro, Manuel Moret e Ángel Lourés Campo foron, nesta ocasión os homenaxeados neste acto e de feito, algúns deles estiveron presentes e ata compartiron unhas sentidas verbas de agradecemento a veciños, executivo local e comisión de festexos.

Así, aos discursos dos constructores Raimundo Vigo, Alejandro Paz e José Vázquez “Camposa”, todos eles xa retirados se uniron os de familiares doutros homenaxeados coma María José , Ángeles e Javier fillos de Maciñeira, Lourés Rebolo e Canosa respectivamente.

Outro dos momentos máis agardados foi a intervención do alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, que presidiu o seu primeiro acto público dende o nomeamento de onte mesmo como máximo mandatario na Deputación da Coruña.

[/fusion_text][/one_full]