EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “PON UN CAN DE PALLEIRO NA TÜA VIDA”

AS PONTES- EDIFICIO DR. DOPESO DO 17 AO 3 de NOVEMBRO.

Esta exposición de fotografía sobre a raza Can de Palleiro e que leva por título     “Pon un can de Palleiro na túa vida!” é unha mostra itinerante do Club Raza Can de Palleiro composta por cadros e láminas de exemplares que os propietarios mandan os concursos de fotografía que o Club fai tódolos anos así como tamén reflicten parte das diversas actividades que fai o Club. Esta mostra ten como obxectivo principal a de dar a coñecer esta raza tan nosa e que lamentablemente aínda é a gran descoñecida porque moita xente pensa que o Can de Palleiro é un can mestizo sen raza definida e incluso utilizamos este nome en plan despectivo para referirnos a calquera can.

A raza Can de Palleiro é unha raza autóctona galega en perigo de extinción a pesar dos case 800 exemplares rexistrados e foi recoñecida como tal polo DOG Nº 911 de Maio do 2001 a nivel Autonómico e do BOE 193 do 3 de Agosto do 2001 a nivel Estatal.

O Can de Palleiro é un ser case mitolóxico en Galicia, e forma parte da nosa cultura. Está presente no refraneiro popular e en multitude de contos populares de tradición oral ou escrita. É como as meigas, que todo o mundo escoitou falar delas pero poucos as coñecen.

A súa orixe procede do antigo Can de Cam NOVEMBRO pesiño, de tronco indoeuropeo, que foi espallado por toda a xeografía europea coas sucesivas migracións dos pobos que foron ocupando o territorio e dando orixe a unha serie de cans de pastoreo e campesiñado tales como o pastor belga, o laboreiro portugués, etc cós que está emparentado o noso Can de Palleiro.

De proverbial intelixencia e adaptabilidade, o mesmo vai coas vacas, fai de garda nas casas ou coida e acompaña a nenos e maiores. Hoxe en día e dado o abandono das aldeas e do campo galego o Can de Palleiro tamén se tivo que ir adaptando e xa hai moitos máis exemplares facendo labores de garda e compaña que de pastoreo como facía fai só uns cantos anos.

O Club Raza Can de Palleiro leva a traballar dende Febreiro do 2002 co único obxectivo de que esta raza non se perda e é a única entidade recoñecida pola Xunta de Galicia para tal fin. Para levar a cabo este obxectivo pon tódolos medios o seu alcalce para dar a coñecer a raza dentro e fora de Galicia e como froito dese traballo se están vendo uns resultados moi esperanzadores que de seguir así é moi posible que nun par de anos xa non sexa unha raza tan descoñecida na nosa propia terra e poidamos descolgar o cartaz de “perigo de extinción”.

Neste intre temos exemplares repartidos por toda Galicia e tamén noutras comunidades autónomas coma Madrid, Asturias, Pais Vasco, Aragón, Cataluña e en ámbalas Castelas. Fora de España temos exemplares en Brasil, Holanda, Noruega, Alemania, Portugal e un que sairá moi axiña para Marruecos.