Hoxe, 15 de outubro, celebráronse en As Pontes dous plenos de carácter extraordinario e con distinto contido, un deles, solicitado polos grupos que forman parte da oposición: BNG, Pp e Xuntos por As Pontes.

No primeiro deles, celebrado ás 10 da mañá, aprobáronse os seguintes puntos:

  1. Aprobación inicial de modificación orzamentaria 50/2015 CE-SC 2/2015
  2. Aprobación da conta xeral 2014
  3. Aprobación dos informes de reparo emitidos pola intervención municipal

No seguinte pleno, celebrado ás 12 h da mañá, e convocado polos grupos da oposición pontesa, con un único punto do día que consistía na comprobación das condicións establecidas no texto do preacordo Endesa-Concello e que non saíu adiante polos votos en contra do equipo de goberno.