As Pontes, 22 de marzo  de 2024. O  Ministerio de Industria e Turismo publicou hoxe a listaxe de solicitudes que obteñen financiamento na proposta de resolución provisional de concesión das axudas ao programa “Experiencias Turismo España”, entre as cales se atopa o proxecto Turismo mineiro -industrial do carbón. Rede de Territorios de Transición Xusta.
Este proxecto conta cunha achega de 682.500 euros, provenientes de fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) e está formado por seis entidades: Concello das Pontes de García Rodríguez, Deputación de Córdoba, Deputación de León, Deputación de Teruel e Hunosa, coordinado pola Fundación Ciudad da Enerxía (CIUDEN).
O obxectivo deste proxecto é a posta en valor do patrimonio mineiro -industrial asociado ao carbón das zonas de transición xusta para que sirva como base para a creación dunha experiencia turística innovadora e sostible.