As Pontes, 8 de abril de 2022. “O meu recuncho favorito das Pontes’” anunciou onte as súas obras gañadoras. O primeiro premio, dotado con 200 euros, conseguiuno Charo Parra Ousado por esta fotografía. O segundo premio, dotado con 100 euros, foi para David Couce Rodríguez por esta imaxe a pesar de finalizar como a cuarta mellor valorada polo xurado xa que non se poden acumular os premios a nivel local nunha mesma persoa, como se sinalaba nas bases.

A instantánea tomada por Charo Parras será impresa en postais, adhesivos e pósteres que servirán de material promocional e turístico desta localidade coruñesa. Ademais optará a gañar un dos premios a nivel nacional da iniciativa “Mi rincón favorito”, que se entregarán o próximo 27 de setembro, coincidindo co Día Mundial do Turismo.

Devanditos premios nacionais son:

1º Premio: 500 euros.

2º Premio. 400 euros.

3º Premio: 300 euros.

4º Premio. 200 euros.

5º Premio: 100 euros.

5 premios accésit de 50 euros.

O certame “O meu recuncho favorito das Pontes” desenvolveuse entre o 26 de xaneiro e o 11 de marzo (ambos inclusive) en Instagram cos cancelos #mirinconfavoritodeaspontes e #mirinconfavorito e a el presentáronse un total de 247 fotografías.

O evento enmárcase dentro da segunda edición da iniciativa nacional “Mi rincón favorito” á que, ademais das Pontes e a localidade madrileña de Arroyomolinos, que tamén finalizou xa a súa participación, iranse sumando nos próximos meses municipios e comarcas de toda a xeografía española para mostrar o máis destacado de cada recuncho do país.

O obxectivo da convocatoria é estimular a capacidade creativa dos concursantes e potenciar a promoción turística da localidade mediante a participación cidadá. Para iso elixiuse a rede social Instagram, tanto pola súa penetración na sociedade, en especial nos estratos máis novos da mesma, como pola viralidade que xerarían as creacións dos propios participantes do certame.

Web de “Mi rincón favorito”

Facebook de “Mi rincón favorito”

Instagram de “Mi rincón favorito”