As Pontes, 17 de novembro de 2020. O Concello das Pontes, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria no municipio, iniciará mañá as obras de construcción dunha rotonda na Avenida de Ortigueira, na súa intersección coa Rúa Ourense.

Esta glorieta permitirá darlle maior fluidez ao tráfico rodado, reducindo o tempo de espera dos vehículos que circulan por ambas vias ao tempo que se mellora a seguridade viaria, nun cruzamento, cunha visibilidade reducida, no que se producen moitos accidentes, algún  con vítimas mortais.

A rotonda terá unhas características similares a outras glorietas creadas en viarios con rasgos moi parecidos, será rebasable para permitir o paso dos vehículos máis longos e pesados.