As Pontes, 17 de novembro 2020.  O Concello das Pontes abre mañá, 18 de novembro, o prazo para solicitar as subvencións dirixidas ás entidades medio ambientais para o ano 2020.

A través destas subvencións o goberno local busca dar apoio ás entidades medio ambientais e contribuír a que consigan os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación da cidadanía, contribuíndo desta maneira para impulsar a democratizar a sociedade e promover a conservación do medio ambiente.

As achegas están destinadas ás entidades medio ambientais, sen ánimo de lucro, inscritas no rexistro de Asociacións do Concello de As Pontes, que desenvolvan a súa actividade no municipio ou aborden asuntos de interese para a localidade.

Para acceder a estas subvencións é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria.

BASES,  publicadas no BOP BOP número 191, del 11 novembro de 2020: CONSULTAR
EXTRACTO da  convocatoria (BOP nº 196, do 17 de novembro de 2020): CONSULTAR
PRAZO de presentación de SOLICITUDES: 10 DÍAS (hábiles)