As Pontes, 6 de xuño| O Concello de As Pontes ven de estrear a súa nova páxina web oficial. accesible a través da ligazón www.aspontes.orgaspontes.com ou aspontes.gal

Con este novo formato de páxina incorpóranse grandes vantaxes canto á facilidade de lectura e cambios estruturais que a permiten ser máis accesible e funcional mantendo o acceso a través de todos os dispositivos móbiles.

A páxina web municipal cambiou por completo a súa estrutura, desglosándose en tres apartados principais, un exclusivo para a xestión, outro para a información e o outro dirixido sobre todo @s visitantes.

A través destes trocos, o Concello pontés, incide na súa liña de modernización das súas canles de comunicación telemática coa cidadanía, e cumprir co seu compromiso no eido das novas tecnoloxías.

O Concello pontés volve revelarse como unha institución transparente, tecnolóxica e participativa, que pon á dispor de toda a cidadanía aquelas ferramentas que lle permitan ter un acceso libre á información precisa.

Anque xa se garante unha navigación máis sinxela, intutitiva e rápida, seguiranse engadindo novos contidos e rexistrando novas modificacións sempre en aras da súa funcionalidade e accesibilidade.