As Pontes, 7 de xuño| Campamentos urbanos de verán 2017
OBXECTIVO.
Estes Campamentos Urbanos teñen coma obxectivo promover a conciliación laboral, familiar e persoal das mulleres.
QUE SE OFRECE.
- Recepción dos nenos e nenas ás 8:00 no CEIP A Magdalena cando as nais xustifiquen a necesidade.
- Servizo de autobús para recoller os/as nenos/as e levalos para a casa, na opción de horario de conciliación (de 8:00 a 14:30).
- Almorzos de 9:00 a 10:00 no CEIP A Magdalena..
- As persoas que apunten aos seus fillos na opción B, deberán achegalos ao CEIP A Magdalena, ás 10 da mañá.
DESTINATARIOS.
Nenos e nenas nados entre o 2005 e 2013.
Nº DE PRAZAS: 65 prazas e 5 para nenos e nenas con necesidades educativas especiais.
DATA E LUGAR DE INSCRICIÓN.
Do 8 ao 19 de xuño no Departamento de Servizos Sociais do Concello, sito na Casa Dopeso 2º Andar, en horario de luns a venres de 8:30 a 14:00.
Tamén se poderán enviar as inscricións por correo electrónico: [email protected]
CRITERIOS DE ADMISIÓN: Terán preferencia:
- Pais e nais que xustifiquen documentalmente que están traballando os dous e non en período de vacacións.
- No caso de familias monoparentais que a persoa encargada dos/as fillos/as estea traballando ou facendo un curso de formación (Consulta das bases no taboleiro do Concello).
HORARIOS.
- OPCIÓN A: De 8:00 a 14:30 horas (inclúe servizo de transporte)
- OPCIÓN B: De 10:00 a 14:30 horas.
COTA DE INSCRICIÓN.
- 10 €/mes por inscrición, nos meses de xuño e setembro.
- 40 €/mes por inscrición, nos meses de xullo e agosto.
INFORMACIÓN.
Centro de Información á Muller de luns a venres de 8:00 a 14:30. Telf: 981.44.10.08/667.12.93.34/667.12.93.36.