A asociación a Xanela de visita na granxa Xaraleira

696

As Pontes, 7 de xuño| A asociación de discapacitados activos A XANELA promoveu unha visita guiada dentro do proxecto “As Pontes, Experiencia Industrial” dirixido pola Concellería de Turismo e o Instituto de Promoción Económica das Pontes (IPPEC).

A Xanela con sede nas Pontes de García Rodríguez, é unha entidade de utilidade pública creada en 1989 que forma parte da Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI). Actualmente está composta con 175 persoas asociadas, sendo o seu ámbito de actuación os concellos da comarca do Eume.

Ata o Aparral desprazáronse 13 persoas en 2 vehículos adaptados, que puideron coñecer da man de Jose Vilaboy, a actividade de Xaraleira, unha das empresas máis queridas das Pontes e colaboradora do proxecto de turismo industrial do Concello pontés.

Os visitantes desfrutaron vendo e tocando algúns dos máis de 50.000 animaliños que viven no criadeiro, e tamén da compañía do guía e xerente da empresa, que explicoulle os diversos destinos aos que van a parar os animais que se crían nas Pontes, onde destacan: Faunia, o Parque Natural de Cabárceno ou o Zoo de Madrid. Sen esquecer, que algún deles acaban noutros países, como: Reino Unido, Francia, Portugal ou, no Xapón.

Despois da visita a Xaraleira, e aproveitando a tarde soleada, o percorrido continuou ata o lago que ocupa hoxe o espazo da vella mina de carbón. Todo un exemplo a nivel nacional e internacional de restauración ambiental.

As responsables da Xanela que acompañaron o grupo, mostraron a súa satisfacción tanto polo trato recibido, como polo apoio positivo que supón esta saídas para as persoas usuarias, deixando a porta aberta, a solicitar proximamente ao Concello, algunha outra visita polos recursos municipais.

+INFO:

As Pontes, Experiencia Industrial www.experienciaindustrial.es

Asociación A Xanela www.axanela.org

Xaraleira www.xaraleira.com

A asociación a Xanela de visita na granxa Xaraleira