As Pontes, 7 de Xuño de 2017
O Concello de As Pontes de García Rodríguez convoca unha concentración en sinal de repulsa e condena do terrorismo e de dor polo falecemento de Ignacio Echeverría no atentado perpetrado en Londres a pasada fin de semana.
O acto de concentración terá lugar o sábado 10 de Xuño ás 12h da maña na Praza do Carmen.