As Pontes, 5 de xuño| Dende esta mesma tarde quedaba pechada ao tráfico a Avda de Vilalba para acometer as obras destinadas ó seu aglomerado.

Dende o Departamento Municipal de Obras do Concello programábase esta actuación para procurar a menor afectación posible ós veciños e veciñas, e mañá será o único día en que se manteña este peche ó tráfico rodado na rúa mentada.

Unha vez efectuado o aglomerado volverá abrirse a circulación o mércores, pospoñendo para unha nova ocasión o pintado.

Sempre en aras dun traballo áxil e que supoña as menores molestias posibles ós usuarios, planificarase esa data de pintado para podelo desenvolver á menor brevidade posible e con reapertura inminente.

O corte vai dende o cruce coa Avda de Ortigueira ata a intersección xa coa Rúa cabanas.

As seguintes actuacións de renovación de aglomerado no casco urbán serán na Rúa Xermade, onde se conta con vías alternativas moi próximas, e xa tamén na Rúa Cuveliña onde se sinalizarán vías alternativas.