As Pontes  3 de febreiro de 2020. A fachada do Concello de As Pontes iluminarase, hoxe e mañá, a partir das 21:00 horas, coa cor verde con motivo do Día Internacional Contra o Cancro que se conmemora mañá, 4 de febreiro.

A través desta acción, o Concello das Pontes súmase ás iniciativas postas en marcha pola “Asociación Española Contra el Cáncer” que baixo o lema #Llámalocáncer, busca sensibilizar á poboación sobre a importancia de normalizar socialmente o cancro, deixando de ser un tabú, xa que é algo que afecta a todos e todas directa ou indirectamente.