O CONCELLO DE AS PONTES SÚMASE AO PROXECTO VACACIÓNS EN PAZ

485

As Pontes, 16 de xullo de 2019.   O Concello das Pontes recibiu esta mañá á familia pontesa que, este verán, se sumou ao programa de acollida Vacacións en Paz que permite que durante dous meses, pequenos e pequenas procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf, en Arxelia, gocen dunhas vacacións diferentes lonxe das duras condicións de vida do deserto.

A concelleira Tania Pardo agradeceu a colaboración da familia de acollida e fixo especial fincapé na “súa solidariedade e xenerosidade á hora de abrir o seu fogar a estes pequen@s para, na medida do posible, axudarlles a, por unhas semanas, vivir coma o que son: nen@s, á marxe de conflictos políticos e da pobreza coa que deben lidiar a diario”.

A edil tamén fixo extensiva a súa gratitude á Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharaui, representada pola súa presidenta Maite Isla, á que ofreceu o apoio do executivo local para, o vindeiro verán, incrementar a cifra de familias de acollida no municipio. Así mesmo, Tania Pardo  aproveitou a ocasión para animar a veciños e veciñas das Pontes a que, o vindeiro verán, tomen parte nesta iniciativa solidaria.

A  familia de acollida tamén se sumou a este chamamento e subliñou “que participar, cada verán, neste programa non só é positivo para os pequeno@s senón tamén para as propias familias que lles abren as súas casas.”