As Pontes, 15 de xullo de 2019. As Pontes encheuse, onte de sons cubanos da man do concerto protagonizado pola Trova Coruñesa e Son de Camagüey, unha das citas musicais programadas polo Concello ao abeiro das Festas do Carme e a Fraga 2019 e que tiña como obxectivo esencial ofrecer alternativas musicais e achegar á veciñanza a outro tipos de sons.

Centos de veciños e veciñas se achegaron ata a Praza de América para gozar dos clásicos da música latinoamericana entre os que non faltaron boleros, habaneiras, salsa e guarachás.

A Trova Coruñesa deleitou ao público pontés cunha colección de notas románticas e doces boleros, tangos e baladas da man de Tony Guevara, que foi o encargado de dirixir a 14 voces e músicos. A súa actuación deu paso a Son de Camaguey, unha formación enfocada a ritmos máis rápicos entre os que non faltaron os chachachás salsas.