As Pontes, 19 de maio de 2023. O Concello das Pontes pon en marcha, a vindeira semana, un curso de 8 horas de duración, de creación de blogs en wordpress, co obxectivo de iniciar ao alumnado participante nos coñecementos e técnicas básicas para poder crear e xestionar o seu propio blog.

Así,o alumnado aprenderá a crear un blog desde cero empregando as ferramentas de balde que ofrece a plataforma online wordpress, aprendendo, entre outras cuestións, a crear un dominio, deseñar a estructura do blog, editar e publicar contidos así como a crear etiquetas e categorías de contidos. Tamén adquirirán nocións básicas sobre a actualización e activación de plugins.

O curso impartirase o martes, 23 de maio e o xoves, 25 de maio, das 09:30 ás 13:30 horas na Aula Cemit, situada no soto da Casa Dopeso.

As persoas interesadas poden inscribirse neste curso chamando ao 670 892 227 ou no mail [email protected]