As Pontes, 11 de febreiro de 2026.-O Concello das Pontes anuncia unha nova entrega de composteiros que terá lugar o venres 27, ás 18 horas no local social da AA.VV. Vincallo-Cal Avelaíña nunha sesión informativa na que as persoas participantes recibirán formación básica para comezar a compostar no seu fogar.
Esta iniciativa permitirá que os veciños e veciñas con pequeno terreo poidan transformar os seus restos orgánicos en abono natural de alta calidade, reducindo así a cantidade de lixo que chega ao colector e contribuíndo a unha economía circular máis eficiente nas Pontes.
O Concello facilitará aos fogares participantes un composteiro de balde, formación e
acompañamento, para garantir unha correcta posta en marcha e seguimento do proceso.
Nas próximas semanas celebraranse novas sesións en diferentes puntos do municipio,
que serán anunciadas a través dos canais oficiais do Concello. A inscrición continúa aberta para aquelas persoas interesadas en participar na campaña.
As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web:
aspontes.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico [email protected].
Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de
Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte
da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de
proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios
residuos.



























