As Pontes, 6 de xuño de 2023. O pleno do Concello das Pontes aprobou, durante unha sesión extraordinaria celebrada o pasado 26 de maio, investimentos por valor de 4.007.901,12 euros para poñer en marcha novos servizos e executar diferentes proxectos destinados a mellorar a calidade de vida da veciñanza, actuacións que responden ás demandas realizadas desde o tecido asociativo da vila.
Entre os proxectos que se levarán a cabo atópanse, entre outros, a creación dun centro loxístico, cun investimento de 350.000 euros para a adquisición do colexio Pardo Bazán para a construción da residencia xeriátrica así como a cuberta do almacén da pista de tiro con arco, proxecto valorado en 210.999 euros e 98.010 euros irán destinados a creación dunha grada cuberta no campo de herba artificial Evaristo Puentes.
Tamén se levará a cabo a construción de beirarrúas na rúa Rego do Campo (48.800 euros) a demolición da nave do servizo eléctrico municipal situada na Rúa Pontedeume (40.250 euros) e executarase a mellora do viario 0248, entre os Chaos de Arriba e o Camiño do Narón, traballos valorados en 47.190 euros e crearase unha glorieta na Avenida da Vilalba, na súa intersección coas rúas Meidelo e Celso Emilio Fereiro (48.387 euros)
Así mesmo está previsto proceder a substitución da capa de rodaxe do viario do cemiterio dos Alimpadoiros (48,227 euros), a mellora da pavimentación na Rúa Covelos (48.387 euros) e executaranse traballos de mellora das rúas Caraveles (48.400 euros), Vincallo (31.280 euros), Chorimas e Xeranios (36.289 euros) e executar unha nova capa de rodaxe na rúa Amapolas (32.480 euros)
O pleno do Concello tamén aprobou un investimento de 100.000 euros para a mellora dos pavimentos nas beirarrúas do Brixeo, unha partida de 48.800 euros para mellorar o viario en intersección na rúa Antonio Machado, 18.138 euros para a mellora e mantemento da zona peonil do Pobado da Magdalena e 47.305 euros para a mellora do pavimento na zona de rodaxedo viario do polígono de Penapurreira e 48.400 euros para a mellora da pavimentación do viario 0264.
Entre os investimentos aprobados tamén se encontra o proxecto de abastecemento de auga nos Airíos (484.000 euros), a instalación de equipamentos na parcela anexa a AA.VV de Bermui (96.800 euros) a execución dunha zona cuberta na AA.VV de San Pedro de Eume (48.800 euros), a reposición e mellora do lavadoiro da Cuíña (27.797 euros) ou a cuberta para o local social de Espiñaredo (18.150 euros)
Tamén se levarán a cabo traballos de saneado e execución de chan de caucho e céspede artificial no parque municipal (17.666 euros), ampliación e mellora do parque infantil da rúa 8 de marzo (13.310 euros) e obras de mellora de accesibilidade do espazo destinado á escola de música no colexio Monte Caxado.
No capítulo de servizos, destaca o plan de transporte público municipal (100.000 euros), as actividades culturais e deportivas para o mes de agosto no lago das Pontes (50.000 euros), diversas actividades culturais ata final de ano, incluídas as propostas de Nadal e as festas patronais (241.000 euros) e a realización das feiras de Fungos e Cogomelos e a Feira do Queixo e a Mel de Goente (70.000 euros)