As Pontes, 15 de decembro de 2020. O Concello das Pontes abre mañá o proceso selectivo para a constitución dunha lista de espera (segunda lista complementaria) de persoal administrativo da escala de administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, na modalidade de concurso-oposición, en quenda libre.

As persoas aspirantes deberán reunir, entre outros, os seguintes requisitos; ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa; estar en posesión ou en condición de obter na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes a titulación de bacharel, Formación Profesional de 2º grao ou titulacións equivalentes ou superiores que habiliten para o acceso á praza convocada, posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das funcións do posto, non ter sido separada mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas e estar en posesión da titulación de lingua galega seguinte: CELGA 4, certificado do nivel de perfeccionamento, ou equivalente.

As solicitudes, xunto coa documentación xustificativa dos méritos que se valorarán na convocatoria poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello en horario de 8:30 a 14 horas (de luns a venres), cita previa nos números de teléfono 667 12 93 89/667 12 93 80 desde o 16 ao 30 de decembro, ambos días incluídos.

Tamén poderán presentarse por calquera dos medios admitidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (LPACAP).

Para obter máis información consultar o BOP 214 de 15 de decembro de 2020 ou a páxina web do Concell