As Pontes, 7 de maio| O día 21 de maio dará comezo o curso DESEÑO 3D CON SKETCHUP: CONCEPTOS BÁSICOS na aula CeMIT da Casa Dopeso.
SketchUp (anteriormente Google SketchUp) é un programa de deseño gráfico e modelado en tres dimensións (3d) basado en caras. Utilízase en entornos de arquitectura, enxeñería civil, desesño industrial, deseño escénico, etc.
Obxectivos:
Aprender a manipular as ferramentas básicas de Sketchup e traballar con 3D usando a versión gratuita Sketchup Make.
Contidos:
- Deseño con Sketchup
- SketchUp primeiros pasos
- Ferramentas de debuxo
- Ferramentas de modificación
- Importar arquivos (DWG/DXF)
- Imaxes e Texturas
- Visualización: Sombras, Escenas e Estilos
- Conexión con Google Earth.
- Ampliando SketchUp: Plugins básicos.
Deseño 3d con SketchUP: Conceptos básicos
- Datas: días 21, 23, 24, 29, 30 e 31 de maio
- Periodicidade: de luns a xoves
- Horario: de 10:00h a 12:00h
Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.