As Pontes, 7 de maio| A biblioteca municipal de As Pontes acollerá, o xoves, “Creacancións”, unha novidosa actividade encamiñada a desenvolver a capacidade creativa dos ponteses máis novos.
Os participantes nesta iniciativa, a través do traballo en grupo e do xogo, aprenderán a compoñer a súas propias cancións e a expresar as súas emocións ó tempo que desenvolven a autoestima e o pensamento crítico; achegándose ó mundo da música dun xeito diferente e desde unha perspectiva activa.