RTVEume| A concellería de Promoción Económica, Industria, Hostalería e Comercio pechará mañá xoves o prazo para que os comercios, bares e empresas afincadas na nosa vila se sumen á que será a segunda edición do Móvete x As Pontes; un proxecto que nacía en 2014 coincidindo coa primeira edición do Northwest Triman e no que se busca promocionar os productos, servizos e tecido comercial, hostaleiro e empresarial pontés, aproveitando a gran cantidade de visitantes que recibe As Pontes durante a fin de semana na que terá lugar esta cita deportiva.
De feito este II Móvete x As Pontes xa conta con data: o vindeiro 27 de xuño, día previo precisamente á desputa do segundo Ironman pontés, e xornada na que volverá haber múltiples actividades dirixidas a promocionar o tecido empresarial, comercial e hostaleiro de As Pontes.
Así as cousas, todos os interesados en sumarse a esta iniciativa terán ata mañá para formalizar a súa inscrición nas novas oficinas do Instituto pontés de Promoción Económica, ubicadas na pranta baixa da casa do Concello, e en horario de 8 da mañá a 3 da tarde.