RTVEume| O Concello está a abordar nestes días a adaptación dos pasos de peóns elevados, de cara a facilitar o seu paso sen risco para os automóbiles, sen deixar de manter o seu obxectivo de forzar unha reducción da velocidade.

A intención, con esta rebaixa das alturas, sempre dentro da normativa vixente, que xa se estaba a cumprir, é disminuir para os conductores o impacto ó circular por eles.

Sempre contemplando a finalidade de incrementar a seguridade vial, ó que contribúen estas infraestructuras, dende o Concello atendíase á demanda de melloralas cunhas rebaixas que manteñen a súa función, malia esta actuación que xa se está facendo en diversas rúas do municipio.