Tania Pardo Cabarcos, concelleira delegada da Área de Benestar Social, Igualdade, Educación e Contratación do Concello das Pontes e Elena Arce Farina, subdirectora e responsable do campus de Ferrol, foron as encargadas de inaugurar esta nova edición que, un ano máis “achégase ás persoas maiores de vila, coa intención de seguir dando resposta ás súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo desde a súa primeira edición, no ano 2018” apuntou Tania Pardo.
Así mesmo, a concelleira de Benestar Social agradeceu a presenza do alumnado, facendo fincapé na importancia desta iniciativa xa que “achegar a Universidade Sénior á nosa localidade supón favorecer o encontro e o envellecemento activo, poñendo en valor a experiencia vital e profesional, dándolles, a todas aquelas persoas que non tiveron a oportunidade de pasar polas aulas universitarias, unha ferramenta de crecemento persoal”
- 12 de marzo: “A Dirección Artística no Cine”, Profa. Victoria de León Sanjuán
- 13 de marzo: “A xestión do común: Unha visión desde a economía e os comics”, Prof. Manuel Gómez Suárez
- 18 de marzo: “Literaturas do Mundo: unha viaxe á orixe dos libros”, Profa. Elena Martín Cancela
- 26 de marzo: “(Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestión”, Prof. Sergio Rodríguez Roiloa
- 27 de marzo: “ADN Antigo e Evolución Humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes”, Profa. Gloria Mª González Fortes
- 2 de abril: “Descubrindo a Intelixencia Artificial: retos, aplicacións e ferramentas”, Prof. Álvaro Michelena Grandío
- 9 de abril: “Enfermidades Cardiovasculares e Diabetes”, Prof. Luis Saleta Canosa
- 10 de abril: “O Cambio Climático: causas e consecuencias”, Prof. Salvador Fojón Polanco
- 23 de abril: “Boas Prácticas para o Coidado do Benestar Psicolóxico”, Prof. Carlos Freire Rodríguez



























