As Pontes, 21 de xuño de 2023.  O domingo 25 de xuño, disputarase a IX edición do Northwest Triman en As Pontes.

Por ese motivo levaranse a cabo as seguintes modificacións na circulación:
Prohibición de circular e estacionar dende as 7:00 ata as 19:00 horas nas seguintes rúas:
Avenida de Lugo Avenida de Galicia
Rego do Muiño Avenida das Veigas
Rúa da Casilla Praza do Hospital
Xosé María Penabad López Paseo da Constitución

Tamén estarán pechadas ao tráfico os tramos das estradas seguintes:

A nova variante da AC-801 dende o Gadis ata a Glorieta da Areosa (agás para os vehículos que accedan a gasolineira).
AC-101, Dende a Glorieta da Casilla ata o cruce do Brixeo, (Pk nº 2)
AC-105, Glorieta da Casilla ata a entrada de ENDESA (Pk nº 0)
AC-861 Dende o cruce do antigo Tanatorio (Pk nº 26 ) ata Santaballa (Pk nº 6)
AC-861 Dende o acceso de Endesa ata a glorieta da Autovía AG-64 (Pk nº 29)
DP 7004 Dende o final da Avenida da Habana, ata o cruce de Vilarnovo.

As persoas usuarias que desexen entrar ou saír da vila cara Ferrol, Lugo ou A Coruña, deberán facelo  pola Avenida da Habana, Rúa Monfero, Rúa Cruz Das Airas, Presa de Alende, Rúa da Balsa e acceso a Autovía AG-64.

A veciñanza da zona de Ribadeume, deberán acceder ao centro urbano pola glorieta da autovía AG-64