As Pontes, 18 de xullo| O Concello de As Pontes presenta “A SENDA DA MEMORIA”, un percorrido de 9km aberto ao público no que se agocha toda unha historia baixo as augas do lago.

O vindeiro venres, 21 de xullo, será o acto inaugural con percorridos organizados que comezarán ás 10:30h da mañá, calquera que queira gozar desta pista perimetral do lago poderá acercarse ata as 18:00h, e poderá facela a pé ou en bici, cun percorrido guiado grazas á colaboración dos clubes de Montaña O Caxado, o Clube Ciclista As Pontes – Vilalba, o Terras do Eume, o Galiorient, Bdm bike club e o Olympo AS Pontes. Ao inicio do percorrido haberá unha carpa onde os participantes poderán recoller unha bolsa de agasallo, con toda a información da ruta e avituallamiento necesario para facer o percorrido.

A senda é unha homenaxe ás parroquias desaparecidas e ás súas xentes e está dotada de papeleiras, áreas de descanso, un observatorio de paxaros e mesas explicativas onde adquirir toda a información sobre o entorno, a fauna e a flora.

A partir do venres ás 18:00h da tarde, a senda estará aberta para o disfrute do público que quera envolverse da historia e natureza e gozar das fermosas vistas deste percorrido pontés. A tenente alcalde, Montserrat García, declarou que o Concello está consesuando cos veciños de Espiñadero e do Saá a ubicación para abrir, na maior brevedade posible, dous portales de entrada ao lago dende cada unha das respetivas parroquias. Ademáis, nun futuro próximo, se espera que se poida abrir ao público todo o perímetro, dende Portorroibo de novo ata a praia do lago.

Dende o Concello rógase respectar e manter limpo este espazo natural para que todos poidamos gozar del. E infórmase que está prohibido o uso de vehículos a motor para evitar o deterioro do entorno.