As Pontes, 18 de xullo|O Concello de As Pontes, a través do IPPEC, manterá aberto ata finais de setembro o prazo para beneficiarse das axudas económicas correspondentes á terceira edición do programa As Pontes Emprende, co que se busca incentivar a creación de novos proxectos empresariais, fomentar a actividade empresarial e xerar emprego no municipio pontés.
Por medio desta actuación trátase de dinamizar a pequena e mediana empresa, aos autónomos e ao comercio tradicional, incentivando deste xeito a actividade económica local.
As Pontes Emprende contará con dúas liñas de axudas: o programa Instálate, dotado cun máximo de 2.000 euros, e que vai dirixido a sufragar os gastos de material e inversión para a adecuación do local empresarial e a posta en marcha do negocio en cuestión, e a liña de axudas Impúlsate, tamén cun máximo de 2.000 euros por solicitante, e que terán como destino sufragar os gastos de alugueiro do local no que se desenvolverá a actividade empresarial.
O prazo de presentación de solicitudes manterase aberto ata o día 30 deste mes de setembro, sendo necesario que os beneficiarios presenten as pertinentes solicitudes e documentación, no rexistro do Concello, así como obter calquer información ao respeto nas oficinas do propio IPPEC, na pranta baixa da Casa do Concello, de luns a venres en horario de mañá.
As bases deste programa económico xa se poden consultar no Boletín Oficial da Provincia (www.dicoruna.es) , así coma na páxina web do Concello.
-
As solicitudes poderán presentarse ata o 30 de setembro de 2017.
- Para máis información ou aclarar dúbidas no IPPEC.
- Ver bases da convocatoria: VER BASES