As Pontes, 2 de xullo de 2021. Os Great Straits ofrecerannos as mellores cancións da banda británica cun concerto o sábado 31 de xullo na nosa vila. Este concerto celebrarase ás 22 horas no patio do colexio Santa María e as entradas pódense obter xa en tickentradas.com. O aforo está limitado a 400 persoas e respectaranse as normas e recomendacións fronte á Covid-19

Great Straits é o novo proxecto de Óscar Rosende, considerado por moitos como o “Mark Knopfler galego”. Aclamado pola crítica e os fans, conta co recoñecemento á súa calidade interpretativa da obra de Mark Knopfler e dIRE sTRAITS. Conta con máis de 250 concertos ás súas costas, 3 xiras internacionais por Alemaña, incluíndo algúns concertos en Luxemburgo, París, Lisboa e O Porto, e infinidade de concertos en España.

Neste novo proxecto deseñaron un exclusivo espectáculo homenaxe que é único a nivel mundial, con 9 músicos sobre o escenario. Nel destaca unha elegante posta en escena e o característico son da banda británica. Este é o show que por fin emocionará aos fans de dIRE sTRAITS e Mark Knopfler. Poucos artistas coma eles lograron ser a banda sonora de varias xeracións. ‘Sultans of Swing’ abriu a porta a grandes éxitos como ‘Romeo and Juliet’, ‘Money for Nothing’, ‘Brothers in arms’ e unha longa listaxe de cancións emblemáticas que nos seguen emocionando.