As Pontes, 5 de novembro de 2024. O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, reuniuse en Madrid coa directora xeral da Guardia Civil, Mercedes González Fernández, á que solicitou o reforzo do cuartel da benemérita na localidade.

O alcalde propuxo á máxima responsable da Guardia Civil a posibilidade de implantar o cuartel pontés como base dos efectivos de novos servizos especializados do corpo, tendo en conta o carácter comarcal do centro, que presta servizo non só ao termo municipal de As Pontes, senón a varios municipios da comarca e ofreceu tamén a colaboración do Concello para as obras de modernización, adaptación e rehabilitación que precise o edificio.

A directora xeral da Guardia Civil indicou que a plantilla do cuartel pontés reforzouse este ano 2024 con dous axentes máis e que na actualidade conta cun total de catorce efectivos. Subliñou tamén que a comunidade autónoma de Galicia conta actualmente cuns 5.350 axentes, o maior dos últimos anos, tras o traballo realizado para reforzar os efectivos do corpo.

Formoso indicou que, aínda que As Pontes é un dos concellos máis seguros de Galicia segundo as propias estatísticas da Guardia Civil, o reforzo do cuartel pontés e a implatación de novos servizos no mesmo suporía unha mellora do servizo que presta á cidadanía.