As Pontes, 21 de xuño de 2024. A concelleira de Benestar Social, Tania Pardo, e a directora do CIM, Maca Rego, fixeron entrega dos diplomas de fin de curso ás alumnas da sexta edición do Obradoiro de Memoria organizado polo Concello, en colaboración coa Asociación de Viúvas de As Pontes.
Durante nove meses, máis dunha vintena de mulleres, con idades comprendidas entre os 45 e 85 anos, participaron neste taller que tiña como obxectivos esenciais axudar ás alumnas a exercitar a mente, mellorar as súas capacidades de atención, concentración e aprendizaxe.
Asemade, esta iniciativa buscaba promover o envellecemento activo e a participación das alumnas na vida comunitaria, mellorando a súa calidade de vida.