As Pontes, 25 de maio de 2021. O mércores 26 de maio ás 10.00 horas, terá lugar este foro, impulsado polo consultora Grupo PGS, CEPYME e o Concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), con obxecto de abordar as grandes posibilidades do municipio ao redor das enerxías limpas.

Valentín González, alcalde das Pontes; Antonio Fontela, presidente da Confederación de Empresarios da Coruña; Laura Nistal, directora de “Invest in Cities” e un representante da Secretaría de Estado de Enerxía, serán os encargados de abrir o evento, ao que asistirán representantes de empresas de primeiro nivel como Endesa, Iberdrola, Naturgy e EDP Enerxía.

Ademais, as pemes das Pontes e a comarca poderán coñecer os incentivos público-privados para o desenvolvemento empresarial, así como opcións de acceso ao financiamento privado grazas aos relatorios de Borrox Fiance e FiGroup.

O encontro será clausurado pola concelleira de Emprego e Industria do Concello das Pontes, Ana Pena.

As persoas interesadas en seguir este encontro poderán facelo a través da seguinte ligazón: Foro de As Pontes | Grupo PGS (eventscase.com)

INVEST IN CITIES

Invest in Cities” nace de la mano de CEYPME e a consultora de Inversión Grupo PGS, co obxectivo de promocionar os atractivos para a inversión de preto de 20 cidades do noso país ante máis de 1.000 inversores e empresas.

A través desta iniciativa perséguese impulsar proxectos de desenvolvemento económico en cidades españolas con potencial de crecemento, poñéndoas en contacto con inversores e empresas privadas que poidan participar nos mesmos.