As Pontes, 25 de setembro| O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Turismo, Hostalería, Comercio e Emprego; xunto cos institutos Castro da Uz e Moncho Valcarce e as asociacións COHEMPO e Seara, van desenvolver este venres a primeira edición do programa “E3 Encontro Ensino Empresa”.

A iniciativa ten por obxectivo dar a coñecer ás empresas, entidades e administracións públicas a importante oferta a nivel de ciclos formativos coa que se conta nos dous centros ponteses que imparten este tipo de ensinanza, ademáis das instalacións das que dispoñen e o seu equipamento.

A edil Ana Pena, xunto con representantes dos centros educativos, de COHEMPO e Seara, presentarán, en rolda de prensa, este programa nun acto que arrincará ás 11.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

Concelleira e membros da organización explicarán en qué consistirán estas xornadas de portas abertas nas que, este mesmo venres, dende as 9.30 horas, se presentará a oferta formativa local.

Mediante diferentes charlas e visitas ás instalacións tanto do Castro da Uz coma do Moncho Valcarce, se pretenderá dar máis visibilidade e proxección a estes dous centros educativos,  ao tempo que se busca cómo poden encaixar nas necesidades das empresas tanto locais coma dos concellos da contorna.