As Pontes, 28 de maio de 2025. O Diario Oficial de Galicia publica a declaración de impacto ambiental (DIA) favorable para o proxecto industrial estratéxico de planta de biofibra reciclada branqueada e as súas infraestruturas auxiliares promovida por Ence nas Pontes.

A obtención da DIA favorable non só valida o compromiso ambiental do proxecto, senón que tamén permite avanzar con paso firme cara á execución dunha iniciativa estratéxica para a reindustrialización sostible da comarca.

Iniciativa pioneira a nivel mundial

O proxecto das Pontes que impulsa Ence nesta localidade da Coruña é unha iniciativa pioneira en economía circular que combina a recuperación de fibras papeleiras e téxtiles, produción de enerxía renovable e captura de CO₂, cun relevante impacto en materia de emprego e sustentabilidade.

Ence levará a cabo un investimento de ata 355 millóns na realización das tres fases que contempla este proxecto que xerará preto de 1.250 postos de traballo. A primeira supoñerá a posta en marcha dunha planta de fibra recuperada na que se inclúe a planta piloto de recuperación de fibras téxtiles; a segunda contempla unha planta de coxeración de 150 MW de potencia térmica e ao redor de 50 MW de potencia eléctrica e a terceira, unha planta de tisú.

No que respecta ao proxecto Regatex, centrado na planta piloto de recuperación de fibras téxtiles nas Pontes contribuirá de maneira significativa á bioeconomía circular mediante a creación dun sistema innovador de reciclaxe téxtil con diferente composición que ata o de agora non podían ser reutilizados.

FONTE: ENCE