RTVEume/ Vilarbó despedía onte aos 75 pequenos e pequenas que, durante esta última semana, estiveron a desfrutar e aprender nunha paraxe natural tan espectacular coma a que temos aquí nas Pontes, a carón das augas do eume, ao abeiro dunha nova edición do campamento Robinson.

Un verán máis, como se ven a facer dende 1988, a escola de tempo libre néboa e o propio concello pontés aunaban esforzos para organización ás acampadas intermunicipais da natureza e que, edición tras edición, teñen Vilarbó como escenario.

Neste caso os 75 campistas do grupo Robinson emprendían onte viaxe de regreso cara os seus fogares tras desfrutar dunha semana na que non faltaron as roitas a pé ou en bicicleta, os obradoiros de manualidades, reciclaxe e artesanía, os xogos acuáticos, as actividades deportivas e, por suposto as xornadas de acampada ou de troula a carón do río.

A estes 75 mozos sumáronse tamén o cento de rapaces de entre 12 e 17 anos que, xa a principios de mes, tomaron parte no campamento multiaventura con semellantes actividades e que tamén lograba ser todo un éxito. Pero aquí non quedarán as visitas a vilarbó xa que, en agosto, será o turno para o campamento dirixido a persoas discapacitadas, o que demostra o bo estado de forma deste emprazamento e das actividades que xiran ao seu redor xa que, ano tras ano, aumenta a afluencia de visitantes e campistas a este entorno incomparable e máximo en plenas fragas do Eume.