Presentación do libro AS PONTES CEO ABERTO, de Xulio Villarino.
O martes 28 de xullo ás 20.00h no salón de actos da Casa Dopeso.
AS PONTES CEO ABERTO, é un libro de fotografía sobre As Pontes “as fotografías que compoñen este libro narran o empuxe do día a día dun pobo, descobren lugares, rostros e miradas. E buscan a complicidade do lector para que xogue a desvelar identidades e misterios”.

O acto de presentación estará presidido polo Alcalde, Valentín González, a Concelleira de Cultura, Sonia Sueiro, e acudirán tamén o autor e o prologuista.