O Concello das Pontes, conmemora este 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, reafirmando o compromiso do municipalismo cos dereitos das mulleres, cara a acadar a
igualdade de xénero en todos os espazos da vida política e social local dende o pulo de
medidas concretas que reforcen os dereitos das mulleres e as nenas, para que sexan
protagonistas do seu propio presente.

Este ano facémolo baixo a lema “Dereitos, Igualdade e Apoderamento. Para todas as
mulleres e nenas”, promovido desde ONU – Mulleres, facendo un chamado á acción para
acadar a igualdade de dereitos e oportunidades para todas as mulleres, e en especial as
mulleres novas e as nenas, agora que se compren 30 anos de Declaración e Plataforma
de Acción de Beijing, adoptada por cento oitenta e nove gobernos durante a Cuarta
Conferencia Mundial sobre a Muller, celebrada na capital chinesa.

En 1995 sentaron as bases para o avance dos dereitos das mulleres e nenas en todo o
mundo, desde a intervención nas políticas, os programas e o investimento que teñen
efecto na educación, a saúde, a paz, os medios, a participación política, o apoderamento
económico e a eliminación da violencia que aínda padecen.

As mulleres e as nenas constituímos a metade da poboación e, por tanto, tamén a metade
do seu potencial. Pero a desigualdade de xénero prevalece e estanca o progreso social,
por iso é vital que traballemos polo empoderamento das mulleres, especialmente das
rapazas e as nenas. Empoderamento significa xerar maior autonomía para as mulleres,
recoñecer e visibilizar as súas achegas. Esto implica participar plenamente en todos os
sectores; o económico, o político e o social.

A realidade demostra que son moitas as áreas onde a brecha de xénero, as diferenzas
entre mulleres e homes, é aínda un lastre para a nosa democracia e unha manifesta
inxustiza para as mulleres.

Trinta anos despois segue sendo necesario reforzar a nivel global e local a aplicación de
medidas en tres áreas clave:
– Fomento dos dereitos das mulleres e nenas fronte a toda forma de
violencia,discriminación e explotación.
– Promoción da igualdade de xénero elevando as voces das mulleres e nenas para acabar
coas desigualdades.
– Garantir o acceso inclusivo de mulleres e nenas á educación, o emprego, o liderado e os
espazos de toma de decisións.

A igualdade é unha cuestión de calidade democrática e tamén garantía de que o benestar
sexa unha realidade para todas as persoas e non á nosa conta. Para poder logralo, os poderes públicos temos a obriga de adoptar políticas aplicando a transversalidade de xénero coas que facer real a igualdade económica e cultural e así acadar unha sociedade máis democrática, xusta, solidaria e igualitaria.

Aínda queda moito por facer para acadar a igualdade real e efectiva entre mulleres e ho-
mes en materia de emprego e coidados. Conseguir a paridade na toma de decisións e acabar coa fenda salarial, rematando coa parcialidade involuntaria á que se ven obrigadas
moitas mulleres. É imprescindible potenciar os servizos de coidados dende o público para
facilitar que a maternidade non penalice ás mulleres no mercado laboral, porque sobre
elas recae o peso dos coidados. As consecuencias deste feito non se miden só en termos
de renta presente, senón que tamén afectan ás pensións futuras.

Actuacións destinadas a impulsar a corresponsabilidade e a corrixir as situacións de desi-
gualdade das mulleres desde o ámbito rural ao investigador e tecnolóxico. Porque ningún deles son compartimentos estancos, e só abordándoos transversalmente poderemos de-
señar os mecanismos certeiros para acabar coa desigualdade.

Tamén somos moi conscientes das maiores dificultades que teñen as familias monoparen-
tais (máis do 80% encabezadas por mulleres); as mulleres rurais, con maior dispersión de recursos e máis dificultades para acceder a eles; as mulleres con discapacidade ou migrantes, atravesadas por diversas discriminacións que aumentan a súa vulnerabilidade.

Debemos seguir demandando políticas dirixidas a loitar contra a pobreza infantil e a de
moitas mulleres con fillos e fillas a cargo. Políticas contra a prostitución e trata de mulleres
e nenas, contra os ventres de alugueiro, contra todo aquilo que supón un ataque frontal
aos dereitos humanos das mulleres.

Acabar coa discriminación entre mulleres e homes e o patriarcado resulta non só un deber
ético senón un inaprazable compromiso histórico no que todas as institucións públicas
deben e teñen que participar de xeito activo.

Tamén é preciso reivindicar a loita e a persistencia de todas as mulleres que traballaron e
loitaron por facer deste mundo un lugar máis igualitario. A valentía de todas elas
lémbranos que outro mundo é posible se retomamos e continuamos as demandas
históricas que atrasaron a participación das mulleres nos espazos educativos,
económicos, sociais, culturais e políticos. Escoitar e facer valer as súas voces,
experiencias e achegas significa derrubar todas as barreiras que impiden o exercicio dos
nosos dereitos e con iso erradicar calquera tipo de violencia e discriminación.

Desde o Concello das Pontes amosamos o noso compromiso coa erradicación da
violencia de xénero, o fin da precariedade laboral e a brecha salarial, a defensa dos
dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, a abolición da trata de persoas con fins de
explotación sexual. Queremos unha sociedade paritaria e participativa na que as mulleres
ocupen o lugar que lles corresponde por dereito. Unha sociedade que trate ás mulleres
como persoas libres para tomar as súas propias decisións.

Hoxe en día, malia os avances que temos conquistado, estamos a ver como os dereitos
tamén se poden perder. É preciso seguir impulsado medidas encamiñadas a garantir o
cumprimento dos dereitos e obrigas recoñecidos a día de hoxe na lexislación vixente;
impulsar novas políticas e seguir a traballar de maneira transversal en todos os ámbitos
para conquistar novos dereitos e impedir calquera retroceso nos xa recoñecidos.
O 8 de marzo reivindicamos todo o que queda por facer. A igualdade real e efectiva é o
horizonte cara o que temos que camiñar xuntas, unidas e firmes. Existe unha ameaza real
de reversión dos logros das mulleres que tanto esforzo custou conseguir.

Declaramos a nosa firme vontade para continuar creando unha sociedade xusta, onde
mulleres e homes teñan os mesmos dereitos e onde as nenas e os nenos medren en
igualdade de oportunidades con independencia do seu xénero.

Este 8 de Marzo queremos destacar, fronte a quen negan, vulneran e atacan os dereitos
das mulleres, o profundo valor democrático que o feminismo supón para a liberdade das
mulleres en todo o mundo.

Xuntas e xuntos, podemos construír un mundo onde todas las mulleres e nenas poidamos
vivir libres de discriminación e violencia, e alcanzar la igualdade real!