As Pontes, 26 de xuño| O día 2 de xullo, na aula ceMIT do Concello de As Pontes, comezará un novo curso sobre o uso de teléfonos móbiles. Trátase dunha actividade orientada a persoas maiores e ten como obxectivo achegalos ó funcionamento dos “Smartphones”.
Durante este curso gratuito, que terá unha duración de catro días, de luns a xoves, de 10:00 a 12:00 horas, os alumnos aprenderán conceptos básicos como gardar contactos na axenda, poñer alarmas, manexar Whatsapp ou empregar cámara de fotos.
Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.
Recordatorio
Horario da Aula Luns a venres de 08:00 a 14:30
Neste horario calquera persoa pode visitar a aula, xa sexa co obxectivo de consultar as súas dúbidas acerca das novas tecnoloxías ó axente TIC (tanto de ordenadores como de móbiles ou tablets), ou para facer uso dos equipos con conexión a Internet dispoñibles na aula.