AsPontes, 27 de marzo| O día 3 de abril a Aula ceMIT do Concello de As Pontes, situada no soto da casa Dopeso, porá en marcha un novo curso orientado ás persoas maiores. O curso “Organización en arquivos e carpetas”, ten como obxectivo achegar á xente maior ó mundo da organización interna dun ordenador xa que é unha das maiores dificultades cas que soen atopar. Crearemos carpetas, gardaremos contido nelas, veremos como copiar, cortar e realizar operacións sobre ficheiros e aprenderemos a intercambiar información como fotos e vídeos cun dispositivo externo, xa sexa unha memorIa portátil ou un teléfono móbil.

Esta actividade realizarase de 10:00 a 12 :00h entre os días 3 e 7 de setembro. Como ven sendo habitual é unha actividade totalmente de balde.

Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.

archivosycarpetas